FNR é unha empresa localizada en Santiago de Compostela, con máis de dez anos de experiencia no sector tecnolóxico da información e a comunicación, no que lles achegamos solucións e produtos aos nosos clientes para que poidan adoptar diferentes estratexias de crecemento acordes coas esixencias tecnolóxicas que se demandan na actualidade.
O noso campo de acción abrangue todo o relacionado con sistemas de procesamento de datos, desde mantemento e administración técnico ata desenvolvemento de aplicacións informáticas.