Mantemento
Contrato de mantemento informático por bonos.
Consiste na adquisición de bonos de horas de visita, que se distribuirán segundo o criterio do cliente. O contrato finalizará ao rematar todas as horas contratadas. O cliente ten a oportunida de de adquirir máis horas co mesmo importe por hora.
Contrato de mantemento informático anual
Consiste no pagamento anual dunha cota, coa cal o cliente ten dereito á asistencia técnica. Existe a posibilidade de fraccionar o pagamento mensual ou trimestralmente.
Servizos incluídos:
- Revisións periódicas dos sistemas, verificacións do correcto funcionamento dos equipamentos, da rede e dos seus dispositivos e periféricos (encamiñadores, modems, impresoras, escáneres, servidores de impresión, etc.).
- Revisións periódicas do sistema operativo, optimizando o funcionamento do instalado en cada equipamento (Windows 2000/XP/Vista e Linux/Unix).
- Instalación, configuración, mantemento e administración de servidores.
- Instalación de compoñentes hardware e software.
- Acceso remoto, que permitirá dar unha rápida resposta a calquera problema do sistema, xa que mediante software permite tomar o control directo da máquina afectada sen necesidade de desprazamento.
- Copias de seguridade: xestionamos copias de seguridade dos seus datos.
- Consulta, resolución de calquera dúbida ou problema que se lle presente na utilización do seu software ou no sistema en xeral.