Solucións de estación de traballo HP Blade Potencia para empresa e usuarios
Desenvolvida coa calidade e fiabilidade que HP Proliant demostra na práctica, a solución de estación de traballo HP Blade ofrece unha capacidade informática de centro de datos que non ten límites, ao combinar, por unha parte, a seguridade e o control centralizados dun centro de datos que ofrece un rendemento integral de estación de traballo e, por outra, a flexibilidade de dar soporte a profesionais que se encontran en varias localizacións. A solución de traballo HP Blade revoluciona o lugar de traballo cunha nova forma de traballar.
A seguridade e o control do centro de datos protexen fronte aos riscos
A solución de estación de traballo HP Blade permite xestionar os riscos aos que se expón a tecnoloxía das operacións comerciais mediante un enfoque Blade centralizado que proporciona seguridade esencial e continuidade empresarial.
A informática baseada en sistemas Blade mantén os datos protexidos no centro de datos. As estacións de traballo Blade de alto rendemento envían píxeles cifrados a dispositivos de estación de traballo cliente, co que se reduce a exposición a riscos de seguridade que afecta a unidades locais e portos USB, así como posibilidades de perda ou roubo de sistemas.
A funcionalidade de múltiples Blades e múltiples sitios mellora significativamente a continuidade dos procesos empresariais. Mediante a creación dun contorno informático de centro de datos ao que se pode acceder de forma segura e remota, a solución de estación de traballo HP Blade permite que a súa empresa estea preparada para afrontar calquera eventualidade, dende unha interrupción da subministración eléctrica a desastres de epidemias de virus.
A experiencia con estación de traballo aumenta a eficiencia
A solución de estación de traballo HP Blade permite crear un contorno que avala o traballo dos seus profesionais, grazas a unha función remota de gráficos que ofrece calidade de estación de traballo nun dispositivo de tamaño reducido.