Informática Profesional

Web


Mantemento de aplicacións web

Somos especialistas na personalización, administración, creación e posta a punto de diversas aplicacións web de uso estendido:

  • Drupal: sistema de xestión de contidos dinámicos.
  • Moodle: plataforma de teleformación.
  • TikiWiki: sistema de xestión de contidos.

Contidos web - SCORM

Somos expertos na produción de contidos web en xeral, e tamén para ámbitos específicos como a formación. Neste campo destacamos na produción baixo as normas do estándar SCORM 2004, de forma que os contidos sexan reutilizables nas distintas plataformas de teleformación.

Desenvolvemento de aplicacións web

Producimos aplicacións web baseándonos na orientación a obxectos e patróns de deseño informático, para lles ofrecer aos nosos clientes a flexibilidade e estabilidade que precisan. Outra fortaleza das nosas aplicacións web é ser software libre (e por tanto de código aberto) de desenvolvemento propio, así que sempre cabe a posibilidade de mellora e reutilización por parte dos nosos clientes, garantindo as liberdades básicas de uso de software.



© 2013 FNR • Vía Edison 1B (polígono do Tambre) 15890 Santiago de Compostela • Tlf. 981 554 853 • código IBAN